sábado, 3 de maio de 2014

Mundial de Fútbol Brasil 2014

Copa Mundial da FIFA Brasil 2014™ (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014™) será a edición número vinte doCampionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrarase en Brasil durante o ano 2014 (do 13 de xuño ao 13 de xullo), logo de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición será a primeira que se xogará en Sudamérica dende o Mundial de Arxentina 1978.
En 2004, a FIFA elixiu a Sudamérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil eColombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois,Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergará a Copa do Mundo de Fútbol de 2014.

Elección da sede[editar | editar a fonte]

Joseph Blatter anunciando a elección de Brasil.
7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollese o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Un meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, aCONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia postulábanse como candidatos para albergar a cita mundialista.[1] A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura, seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país.[2] Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando ao Brasil como o único candidato.[3]
Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Janeiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio em Porto Alegre, declara que os estadios non cumplían tódolos requisitos precisos para albergar a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acoller concontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, máis o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades selecionadas (incluída a candidatura conjunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en ZúricSuíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estibo nas cidades de São PauloRío de JaneiroBelo HorizonteBrasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final.[4][5] Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.[6]

Organización[editar | editar a fonte]

Sedes[editar | editar a fonte]

Dilma Rousseff e Pelé seguindo os traballos en Belo Horizonte.
Dezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como condidatas para albergar partidos da Copa do Mundo: BelémBelo HorizonteBrasíliaCampo GrandeCuiabáCuritibaFlorianópolisFortalezaGoiâniaMaceióManausNatalPorto AlegreRecifeRio BrancoRio de JaneiroSalvador e São Paulo.[7] De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país,a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.[8]
As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maiode 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco;[9] mentres que Maceió xa reterira a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xieto que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que acontenceu no mundial de 1950 aonde os partios concentráranse nas rexións Sur e Sueste.[10] Con todo, como resultado os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasília, Fortaleza, Recife, Rio de Janeiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.
A inversión total reportada para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses.[11] Cinco estadios foron construídos desde cero específicamente para a Copa do Mundo, Five of the chosen host cities have brand new venues built specifically for the World Cup, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasília foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados.[12] O Estádio do Maracanã en Rio de Janeiro, que aínda ostenta o record de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199.854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partigo inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financieiras para as melloras requiridas.[13] O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Governo de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.
Os primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte.[14] De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Rio.[15][16] Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pela do Maracanã de Río de Janeiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasília, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, em São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiberom presentes diversas autoridades gubernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.

Estadios[editar | editar a fonte]

Bandeira do estado do Rio de Janeiro.svg Río de JaneiroRJBandeira do Distrito Federal (Brasil).svg BrasíliaDFBandeira do estado de São Paulo.svg São PauloSPBandeira do Ceará.svg FortalezaCE
Estádio do MaracanãEstádio Nacional Mané GarrinchaArena CorinthiansEstádio Castelão
Capacidade: 76.935
(remodelado)
Capacidade: 70.042
(remodelado)
Capacidade: 68.000
(estadio novo)
Capacidade: 64.846
(remodelado)
Maracana Stadium June 2013.jpgBrasilia Stadium - June 2013.jpgArena Corinthians.jpgFortaleza Arena.jpg
Bandeira de Minas Gerais.svg Belo HorizonteMG Bandeira do Rio Grande do Sul.svg Porto AlegreRS
Estádio MineirãoEstádio Beira-Rio
Capacidade: 62.547
(remodelado)
Capacidade: 51.300
(remodelado)
Novo mineirão aérea.jpgEstádio Beira-Rio 2014.jpg
Bandeira do estado do Rio de Janeiro.svg SalvadorBABandeira do estado do Rio de Janeiro.svg RecifePE
Arena Fonte NovaArena Pernambuco
Capacidade: 56.000
(remodelado)
Capacidade: 46.154
(estadio novo)
Itaipava Arena - March 2013.jpgItaipava Arena Pernambuco - Recife, Pernambuco, Brasil.jpg
Bandeira de Mato Grosso.svg CuiabáMTBandeira do Amazonas.svg ManausAMBandeira do Rio Grande do Norte.svg NatalRNBandeira do Paraná.svg CuritibaPR
Arena PantanalArena da AmazôniaArena das DunasArena da Baixada
Capacidade: 42.968
(estadio novo)
Capacidade: 42.374
(estadio novo)
Capacidade: 42.086
(estadio novo)
Capacidade: 43.981
(remodelado)
Arena Pantanal (2014)-2.jpgAmazonia Arena.jpgNatal, Brazil - Arena das Dunas.jpgArenadabaixada.jpg


Nenhum comentário:

Postar um comentário