A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014™ (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014™) será a edición número vinte doCampionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrarase en Brasil durante o ano 2014 (do 13 de xuño ao 13 de xullo), logo de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición será a primeira que se xogará en Sudamérica dende o Mundial de Arxentina 1978.
En 2004, a FIFA elixiu a Sudamérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil eColombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois,Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergará a Copa do Mundo de Fútbol de 2014.
Índice
[agochar]Elección da sede
O 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollese o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Un meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, aCONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia postulábanse como candidatos para albergar a cita mundialista.[1] A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura, seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país.[2] Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando ao Brasil como o único candidato.[3]
Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Janeiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio em Porto Alegre, declara que os estadios non cumplían tódolos requisitos precisos para albergar a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acoller concontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, máis o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades selecionadas (incluída a candidatura conjunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en Zúric, Suíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estibo nas cidades de São Paulo, Río de Janeiro, Belo Horizonte, Brasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final.[4][5] Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.[6]
Organización
Sedes
Dezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como condidatas para albergar partidos da Copa do Mundo: Belém, Belo Horizonte, Brasília, Campo Grande, Cuiabá, Curitiba, Florianópolis, Fortaleza, Goiânia, Maceió, Manaus, Natal, Porto Alegre, Recife, Rio Branco, Rio de Janeiro, Salvador e São Paulo.[7] De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país,a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.[8]
As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maiode 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco;[9] mentres que Maceió xa reterira a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xieto que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que acontenceu no mundial de 1950 aonde os partios concentráranse nas rexións Sur e Sueste.[10] Con todo, como resultado os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasília, Fortaleza, Recife, Rio de Janeiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.
A inversión total reportada para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses.[11] Cinco estadios foron construídos desde cero específicamente para a Copa do Mundo, Five of the chosen host cities have brand new venues built specifically for the World Cup, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasília foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados.[12] O Estádio do Maracanã en Rio de Janeiro, que aínda ostenta o record de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199.854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partigo inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financieiras para as melloras requiridas.[13] O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Governo de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.
Os primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte.[14] De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Rio.[15][16] Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pela do Maracanã de Río de Janeiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasília, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, em São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiberom presentes diversas autoridades gubernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.
Estadios
Río de Janeiro, RJ | Brasília, DF | São Paulo, SP | Fortaleza, CE |
---|---|---|---|
Estádio do Maracanã | Estádio Nacional Mané Garrincha | Arena Corinthians | Estádio Castelão |
Capacidade: 76.935 (remodelado) | Capacidade: 70.042 (remodelado) | Capacidade: 68.000 (estadio novo) | Capacidade: 64.846 (remodelado) |
Belo Horizonte, MG | Porto Alegre, RS | ||
Estádio Mineirão | Estádio Beira-Rio | ||
Capacidade: 62.547 (remodelado) | Capacidade: 51.300 (remodelado) | ||
Salvador, BA | Recife, PE | ||
Arena Fonte Nova | Arena Pernambuco | ||
Capacidade: 56.000 (remodelado) | Capacidade: 46.154 (estadio novo) | ||
Cuiabá, MT | Manaus, AM | Natal, RN | Curitiba, PR |
Arena Pantanal | Arena da Amazônia | Arena das Dunas | Arena da Baixada |
Capacidade: 42.968 (estadio novo) | Capacidade: 42.374 (estadio novo) | Capacidade: 42.086 (estadio novo) | Capacidade: 43.981 (remodelado) |
Nenhum comentário:
Postar um comentário